Acerca de Pablo Lorenzo

Este autor no presenta ningún detalle.
Hasta ahora Pablo Lorenzo ha creado 3 entradas de blog.

Coñecemos o Sistema Solar

Os alumnos e as alumnas de 5º de educación infantil, durante o primero trimestre, realizaron un proxecto para coñecer o noso Universo.

Convertíronse en verdadeiros astronautas para realizar unha viaxe polo Sistema Solar. Antes de partir, preparáronse realizando unha profunda investigación que lles permitiu aprender contidos das diferentes áreas de aprendizaxe.

Partindo dos intereses do alumnado e dos seus coñecementos previos, aprenderon sobre a materia mediante a metodoloxía de recunchos, dando especial importancia ao xogo simbólico.

Para finalizar, elaboraron un gran Sistema Solar ubicado no hall do edificio de educación infantil e asistiron a unha sesión no Planetario da Casa das Ciencias.

 
Coñecemos o Sistema Solar2020-01-12T20:32:47+01:00

Nadal en Infantil

Os alumnos e as alumnas de Educación Infantil, durante o mes de decembro, preparáronse para a chegada do Nadal.  Puideron celebrar xuntos o Advento e, como é habitual, recibiron a tan ansiada visita dos Reis Magos de Oriente.  Deséxanvos un ¡BO NADAL!  
Nadal en Infantil2019-12-24T10:30:15+01:00

«Animais do mar» en 4º de Ed. Infantil

Os alumnos e as alumnas de 4º de Ed. Infantil levaron a cabo un proxecto para coñecer os animais que habitan o mundo submarino.

Partindo dos seus coñecementos previos sobre a materia elaboraron unha serie de hipóteses que, despois dun longo período de investigación, puideron contrastar na aula con diversas actividades relacionadas coa temática.

Para finalizar o proxecto, tiveron a sorte de poder observar e manipular animais do mar e de visitar a Casa dos Peixes de A Coruña.

«Animais do mar» en 4º de Ed. Infantil2019-12-16T20:55:25+01:00