Laura Corral galardoada nos XLV Premios Literarios Minerva

Home/Sin categoría/Laura Corral galardoada nos XLV Premios Literarios Minerva

Laura Corral galardoada nos XLV Premios Literarios Minerva

Esta fin de semana tivo lugar o fallo dos XLV Premios Literarios Minerva. Como ben saberedes, é un dos certames máis importantes que temos no panorama literario galego e onde se deron a coñecer algúns dos nosos escritores máis prestixiosos como Darío X.Cabana, Xabier Queipo, Suso de Toro, Lucía Aldao… Pois ben, unha das nosas alumnas de 2º de bacharelato, Laura Corral Corral, vén de obter o 2ºaccésit na modalidade de poesía pola súa triloxía: A muller segundo o pincel. Dende o Taller do Pintor de Courbet ata as mulleres de maruja Mayo. A súa obra foi escollida entre un total de 164 traballos presentados e será publicada no libro que recolle as composicións galardoadas nesta edición. O vindeiro xoves 30 de marzo terá lugar en Santiago o acto de entrega de premios da man da poeta Yolanda Castaño. Parabéns a Laura por formar parte deste abano de xóvenes promesas das nosas letras!!

Please follow and like us:
2017-03-06T19:41:18+00:00