Por ser superior o número de solicitudes ao número de prazas ofertadas polo colexio, os solicitantes de praza para o curso 2019/20 deben presentar a documentación acreditativa dos puntos nos seguintes cursos:

  • 4º e 6º de Educación Infantil.
  • 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Admitidos:

  • Os solicitantes de praza para 2º de Educación Primaria foron todos admitidos.
  • Os solicitantes de praza para 1º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria foron todos admitidos.
  • Os solicitantes de praza para 1º y 2º de Bacharelato están pendentes de confirmación e notificaráselles a mesma antes do 12 de abril.

A documentación acreditativa ten que ser entregada na Secretaría do colexio, no horario habitual de atención ao público, antes do día 6 de abril. É necesario traer o resgardo da solicitude.

Máis información

Please follow and like us: