O venres 24 de maio, os alumnos de 1º de ESO puideron gozar dun Roteiro Literario da man do autor Héctor Cajaraville pola cidade vella de Santiago. Nesta ocasión tiveron a oportunidade de percorrer os lugares clave da súa obra e coñecer de primeira man os segredos que agochan as súas rúas, a súa toponimia, as súas igrexas ou os seus mercados. Despois visitaron a exposición temporal “Homo Sapiens” no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) onde puideron descubrir curiosidades relacionadas, non só cos seres vivos senón tamén, coa evolución da nosa propia cultura. Rematando a xornada xantando no fermoso parque de San Domingos de Bonaval.

Please follow and like us: