O coello é un animal que aparece moito en fábulas mozambiqueñas. Os alumnos de 6º de primaria, logo da lectura de «O coelho e o leao’, do libro “Contos do río Zambeze”, que nos deixou amilton Bito, fixeron as súas propias fábulas, pero con animais galegos. Así, os protagonistas entre outros foron: cans, gatos, ratos, abellas, vacas, moscas…O alumnado realizounas sobre animais que coñecen ben.

No blog do hermanamento escolar “Muli bwanji?” (Que significa, Como estás?) podedes desfrutar da súa lectura.

Estas fábulas se comparten nas aulas da ESIL cos alumnos de Mozambique e recibiremos as súas sobre o libro  de fábulas españolas que enviamos a ESIL.

Please follow and like us: