Os alumnos de 4º Ed. Primaria iniciaron, fai unha semana, un proxecto na materia de Ciencias Sociais: “O curso dun río”. Durante o traballo recordamos os cursos do río así como as formacións do relevo representadas en cada un deles. Recreárono sobre unha maqueta con diferentes materiais e técnicas artísticas.