Os alumnos e as alumnas de 4º de Ed. Infantil levaron a cabo un proxecto para coñecer os animais que habitan o mundo submarino.

Partindo dos seus coñecementos previos sobre a materia elaboraron unha serie de hipóteses que, despois dun longo período de investigación, puideron contrastar na aula con diversas actividades relacionadas coa temática.

Para finalizar o proxecto, tiveron a sorte de poder observar e manipular animais do mar e de visitar a Casa dos Peixes de A Coruña.