Os alumnos e as alumnas de 5º de educación infantil, durante o primero trimestre, realizaron un proxecto para coñecer o noso Universo.

Convertíronse en verdadeiros astronautas para realizar unha viaxe polo Sistema Solar. Antes de partir, preparáronse realizando unha profunda investigación que lles permitiu aprender contidos das diferentes áreas de aprendizaxe.

Partindo dos intereses do alumnado e dos seus coñecementos previos, aprenderon sobre a materia mediante a metodoloxía de recunchos, dando especial importancia ao xogo simbólico.

Para finalizar, elaboraron un gran Sistema Solar ubicado no hall do edificio de educación infantil e asistiron a unha sesión no Planetario da Casa das Ciencias.