Os alumnos de 5º de Infantil e de 3º de Primaria visitaron un supermercado «Gadis» da nosa cidade para aprender a facer unha compra máis eficiente e saudable.
A visita poñía fin ao traballo nas respectivas aulas en prol dun consumo responsable co medio ambiente e que poña en valor o coidado do noso corpo por medio dunha alimentación sa.