Os nenos e as nenas de Infantil acudiron esta mañá a un concerto didáctido da artista Lydia Botana no Palacio da Ópera.  Disfrutaron dunha proposta musical e teatral no que viaxaron arredor do mundo aprendendo as músicas de cada lugar, pasando por Brasil, Cuba, Estados Unidos, Xamaica, os Balcáns e, como non,  pola nosa terra.

Coa melodía da obra «de aquí para alá«, coñeceron diferentes estilos musicais como a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o jazz e o ska.

A música, os instrumentos e as cores son os protagonistas da obra cos que descubrimos diferentes paisaxes sonoras e coa premisa dunha aprendizaxe lúdica e divertida.