O venres 28 de febreiro tivemos o inmenso pracer de contar coa visita de Manuel Rivas no noso centro. O premio nacional de narrativa estivo co alumnado de 1° e 4° da ESO mais 2° de Bacharelato para facernos reflexionar sobre a necesidade de comunicármonos como sociedade, da importancia da xustiza, do valor da liberdade e do pensamento humanístico e de como a literatura axuda a tecer estes valores no máis profundo do noso ser. Agradecémoslle profundamente o seu tempo, o seu trato e as súas palabras que de seguro, non esqueceremos. O alumnado tivo a oportunidade de entablar un coloquio co autor para comentar aspectos relevantes da súa creación. Ademais, Rivas tivo a deferencia de asinar e dedicar exemplares dos seus libros aos nosos alumnos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.