Hoxe foron publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021.

Segundo esta comunicación da Unidade Técnica de Admisión do Alumnado, cada familia pode acceder ao estado da súa solicitude de forma online:

“Respecto das listaxes, segundo se indica nas instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño. Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.”

As listaxes poden consultarse no taboleiro de anuncios situado na Secretaría do Colexio.

Para recibir máis información dirixirse á Secretaría do Centro.