Admisións 2020/21

CALENDARIO

Do 1 ó 20 * de marzo  (os días 19, festivo autonómico, e 20, festivo colexial, o Colexio permanecerá cerrado)
* Nestas datas estará operativa a aplicación da Xunta admisionalumnado por se alguén desexa tramitala por ese medio
Presentación de solicitudes.
Do 23 de marzo ao 3 de abril  Presentación de documentación acreditativa dos puntos.
O 24 de abril (a partir das 18:00 horas)  Publicación de listaxes con carácter provisional.
Do 27 de abril ao 5 de maio  Presentación de reclamacións no centro.
O 14 de maio (a partir das 18:00 horas)  Publicación de listaxes definitivas.
Do 22 ao 30 de xuño  Formalización da matrícula para Ed. Infantil e Ed. Primaria.
Do 25 de xuño ao 10 de xullo  Formalización da matrícula para E.S.O. e Bacharelato.
 Do 1 ao 10 de setembro Formalización da matrícula para E.S.O. e Bacharelato (Prazo extraordinario).

 

 

OFERTA DE PRAZAS

4º Ed. Infantil – 3 anos 88 prazas + 12, reservadas, se fora necesario, para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acreditadas polas autoridades educativas
2º Ed. Primaria 1 praza
1º E.S.O. 12 prazas, reservadas, se fora necesario, para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acreditadas polas autoridades educativas
2º E.S.O. 1 praza
3º e 4º E.S.O. Non se convocan prazas *
Non se considerarán como vacantes as prazas escolares non ocupadas polo alumnado ao que se adxudicaron, cando os proxenitores deberon desprazarse transitoriamente fóra do concello durante o curso, por motivos laborais debidamente acreditados mediante un certificado expedido pola correspondente administración pública ou empresa, e sexa previsible que o alumnado se reincorpore á praza antes de que remate o mesmo curso. Igual criterio se aplicará cando o alumnado realice o curso no estranxeiro.
1º e 2º Bacharelato  Prazas dispoñibles

 

 

NOTA INFORMATIVA

  1. De conformidade co artigo 14.2 da Orde do 12 de marzo de 2013, a solicitude será única e terá carácter vinculante. Polo tanto, cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta instrucción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Sen prexuizo da garantía de permanencia no Centro de Orixe, nais, pais ou representantes legais do alumnado, poden presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos. Nestes casos deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.
  3. O alumnado que ten reservada praza nun Centro Educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  4. As actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios teñen carácter voluntario e non lucrativo. As actividades escolares complementarias son unha parte fundamental das nosas finalidades educativas.
  5. Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitacióndas súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
  6. A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente».
  7. O Colexio Santa María del Mar está adscrito ao Instituto Monte das Moas.

 

ACTIVIDADES E SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

O proxecto educativo de Santa María do Mar inclúe as seguintes actividades e servizos complementarios:

  • Comedor.
  • Transporte escolar.
  • Actividades paraescolares (deportivas e culturais).
  • Servizo de «Madrugadores».
  • Gabinete sanitario.
  • Actividades complementarias (English for Cambridge, Formación Humano Cristiá, Obradoiros de Matemáticas, de Xogos Literarios, de Xogos Científicos, de Xogos Dramáticos, Psicomotricidade…)

As actividades e servizos complementarios están regulados pola normativa recollida no Decreto 444/1996 do 13 de decembro de 1996 que regula as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros privados en réxime de concerto.

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO APROBADO POLO CENTRO

Fillas e fillos de antigos alumnos de centros educativos de titularidade da Compañía de Xesús que cursasen Educación Primaria, Secundaria ou Ciclos Formativos.

Acreditación do criterio: dito criterio acreditarase mediante un certificado emitido polo centro onde estudou e que debe recoller os estudos realizados e os cursos nos que estivo matriculado. O certificado debe ser orixinal (non se admitirán fotocopias) e ha de estar selado, datado e asinado.

 

DOCUMENTOS DE INTERESE

MÁIS INFORMACIÓN

  • No propio Colexio.
  • Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Na Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    DIRECCIÓN: Rúa Vicente Ferrer 2 (Edif. Adm. Xunta), 1º, 3º e 9º. 15008 A Coruña.
  • Web da Consellería de Educación.

 

A información irase actualizando nesta páxina.