Cargando Eventos

Estimadas familias:

Seguindo as previsións do noso Plan Anual de Centro, os alumnos/as de 3º A e C de Educación Primaria realizarán, acompañados/as polos seus profesores, unha saída cultural que os levará á Domus.

Estimula-la curiosidade e a creatividade cara temas relacionados co ser humano, así como propicia-lo desenvolvemento de hábitos positivos de convivencia e civismo, constitúen os principais obxectivos desta saída cultural.

Lugar que visitarán: Domus (Salas de Exposicións e Magnavisión).

Día: 2 de decembro, luns

Hora: 10.00

Duración: 2 horas, aprox.

 

Se houbese algún impedimento polo que voso/a fillo/a non puidese asistir a esta actividade escolar, pregámosvos que nolo comuniquedes polo procedemento que consideredes máis oportuno (Xestor Escolar, tarxeta, chamada telefónica…).

É necesario que realicen a saída co uniforme colexial.

Cos nosos afectuosos saúdos,

Mª Carmen Cacharrón Pérez

(Directora de Educ. Primaria)