Os alumnos e as alumnas de 6º de infantil levaron a cabo un proxecto sobre a auga. Poñendo énfase nunha aprendizaxe experimental, coñeceron aspectos relativos ao ciclo da auga, a flotación, a absorción e a cómo inflúe este elemento cando se mistura ou interactúa con outros do noso entorno. 

Dando unha especial importancia a un uso sostible e eficiente dos recursos hídricos, realizáronse varias actividades de xogo simbólico nos que os alumnos/as tomaron conciencia do gasto deste recurso natural nas diferentes actividades da nosa vida cotiá. 

Para profundizar na temática, recibiron unha charla da responsable de Planificación e Programación Hidrolóxiga da Demarcación Hidrográfica «Galicia-Costa», en Augas de Galicia, Belén Quinteiro, na que puideron incidir na eficiencia hídrica e no coidado dos nosos mares e oceános.