Ensinámosvos, orgullosos, algunhas das imaxes do proxecto no que estiveron traballando os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil.
Os máis peques do cole investigaron e recompilaron información sobre os animais do mar, aprendendo como son, a súa forma de alimentación e moitas outras curiosidades.
A través dos recunchos traballaron todas as áreas, realizando actividades artísticas, manipulativas, fichas sobre o tema, cancións e xogos.
Ata puideron ver como son os peixes por dentro desde moi preto, observando as súas branquias, escamas e ollos durante unha experiencia na aula!