El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Desde Infantil, de novo un proxecto, outra aventura.

 

“A miña cidade” é un proceso de aprendizaxe realizada polos nenos e nenas de 6º (cinco anos) ao longo deste trimestre. Partimos do máis próximo, a nosa contorna máis próxima e común a todos: O colexio.
Onde está o noso cole? A que provincia pertence a nosa cidade? En que comunidade atopámonos? Onde o situamos no mapa de España? Traballando de forma globalizada desde todas as áreas e a través das actividades nos recunchos, fomos coñecendo os lugares, monumentos, edificios…máis emblemáticos da cidade. Neste ano diferente, non foi posible realizar unha visita pola cidade pero coa colaboración das familias (como non pode ser doutra forma), os nenos, acompañados polos seus pais e nais, pasearon por Coruña fotografando lugares para despois debuxalos en clase. Coñecemos rúas e a historia de ilustres personaxes que dan o seu nome a algunhas prazas, avenidas, etc.

Modelamos en barro o faro máis antigo en funcionamento. Sabedes cal é? Si, efectivamente, a nosa preciosa Torre de Hércules. Representamos con colaxes de texturas algúns dos nosos lugares favoritos : Riazor, o Castelo de San Antón, a praia das Lapas, María Pita…

Aprendemos o significado dos sinais de tráfico e practicamos educación viaria. Como moitos vivimos fóra da cidade, coñecemos o nome dalgunhas poboacións limítrofes igualmente bonitas. E como toda experiencia que enriquece, tivo de fondo banda sonora con música de gaitas, muiñeiras e por suposto cantando a famosa “Vivir na Coruña que bonito é».