Por ser superior o número de solicitudes ao número de prazas ofertadas polo colexio, os solicitantes de praza, que non o fixeran no momento da presentación da solicitude, para o curso 2021/22 deben presentar a documentación acreditativa dos puntos nos seguintes cursos:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
  • 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Admitidos:

  • Os solicitantes de praza para 1º y 2º de Bacharelato están pendentes de confirmación e notificaráselles a mesma antes do 1 de xuño.

A documentación acreditativa ten que ser entregada na Secretaría do colexio, no horario habitual de atención ao público (de 09:30 a 13:30 horas), entre os días 25 de marzo ao 15 de abril. É necesario traer o resgardo da solicitude.

O Colexio permanecerá pechado dende o 27 de marzo ata o 5 de abril (vacacións de Semana Santa). Para calquera consulta urxente pode escribir un correo a secretaria@csmm.es