Durante o segundo trimestre os alumnos e alumnas de educación infantil profundaron na temática do corpo humano e no seu coidado. Adquirion os contidos relativos nos tres cursos da etapa adaptando a complexidade aos diferentes ritmos de aprendizaxe. 

Coñeceron os seus órganos, externos e internos, e o funcionamento de cada un deles, incidindo nas súas funcións e en como coidalos. 

Ademais, afondaron nos hábitos de alimentación saudables aprendendo como podemos nutrirnos dunha forma equilibrada e que alimentos son máis recomendables para o seu crecemento.