Ao longo destes meses, os nosos alumnos da ESO, así coma o alumnado do Colexio ESIL de Mozambique, elaboraron obras de carácter literario e artístico para o I Concurso do Día das Letras Galegas organizado polo Departamento de Lingua Galega. Tendo en conta a cantidade de obras presentadas, a súa orixinalidade e a súa calidade, resultou moi complicado para o xurado decidir os gañadores. Aquí mostramos algúns deles. Parabéns a todos os participantes. Descarga algunha das obras premiadas.