O mércores 13 de outubro, os alumnos de 4° ESO gozaron da súa primeira saída convivencial. Fixeron a baixada do Monte Xalo (Culleredo), pasando pola femosísima paisaxe dos Muíños da Xesteira e rematando cunha comida todos xuntos na área recreativa. Ademais, tiveron a sorte de ter un día soleado e con boa temperatura. Abofé que os recordos desta saída serán para sempre.