Que importante é sentirse orgulloso das nosas raíces e coñecer o noso entorno.
Por iso, os alumnos e alumnas de 6º de Infantil estiveron a aprender sobre a nosa fermosa cidade e os seus lugares máis emblemáticos. Tamén coñeceron os cadros de Peteiro, un famoso pintor do que replicamos algunha obra.
Ademáis, percatáronse de algo moi importante, comprendendo a necesidade de manter a cidade limpa, coidando o mar e separando o lixo.
Por suposto, tamén recibiron unhas nocións básicas de educación vial impartidas por dous papás policías, aprenderon o significado das sinais e quedoulles moi grabado que, na estrada, debemos ter sentidiño.
Coma sempre, achegáronse a estes contidos dende todas as áreas de aprendizaxe.