Cómpre estar preparados para calquera situación no centro, polo que hoxe fixemos un simulacro de evacuación.

Esta é unha práctica sobre como se debe de actuar nun caso de emerxencia. É importante saber como temos que proceder (e non deixar a improvisación) no caso de que algún contratempo puidera suceder.

Tralo aviso de alarma, evacuouse todo o centro (alumnado, profesorado e todo o persoal do colexio) na maior brevidade. O simulacro saíu moi ben, segundo o previsto, mais esperamos que nunca teñamos que poñelo en práctica. Parabéns a todas e todos!