O 11 de febreiro celebramos en 2º ESO o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Afondamos na vida e no legado das principais mulleres científicas galegas e diseñamos cartéis conmemorativos que colocamos no corredor do curso e na entrada do comedor. O obxectivo da actividade foi romper a brecha de xénero e lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas na ciencia.