Acreditación de puntos

Por ser superior o número de solicitudes ao número de prazas ofertadas polo colexio, os solicitantes de praza, que non o fixeran no momento da presentación da solicitude, para o curso 2022-2023 deben presentar a documentación acreditativa dos puntos nos seguintes cursos:

 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

  • 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A documentación acreditativa ten que ser entregada na Secretaría do colexio, no horario habitual de atención ao público (de 09:30 a 13:30 horas), entre os días 24 de marzo ao 6 de abril. É necesario traer o resgardo da solicitude.

 

Os solicitantes de praza para 1º y 2º de Bacharelato están pendentes de confirmación e notificaráselles a mesma antes do 8 de abril.