Despois de ter que adiar a saída o pasado mes de febreiro á Casa Museo Rosalía de Castro por mor da pandemia, por fin, o alumnado de 1º ESO puido gozar o pasado venres, día 1 de abril, da súa visita a Padrón, onde se levaron a cabo diversos talleres lúdico-educativos organizados polo equipo de profesores para profundizar na vida e obra da nosa escritora máis universal. Puidemos ademais visitar en profundidade o Xardín Botánico e facer unha xincana para coñecer as árbores da nosa contorna así coma algunhas especies ornamentais. Coincidindo ademais co Día das Artes Galegas, a rapazada puido explotar a súa faceta máis artística mediante a elaboración dunhas andoriñas de papiroflexia adornando esta fermosa xornada que rematou co xantar no propio xardín botánico.