Aproveitando que estamos no mes das Letras Galegas, o alumnado de 1ºESO puido gozar dunha saída convivencial a Conxo. Un fermoso roteiro en plena natureza ata chegar ao bosque do lugar, no cal en 1856 se celebrou o famoso banquete entre obreiros, artesáns e estudantes, símbolo da igualdade e da democracia. Puidemos tamén saber a historia do máis vello e famoso carballo de Conxo, alcumado «o avó» e galardoado este ano como a segunda árbore máis importante a nivel europeo. Despois, os alumnos leron uns manifestos a favor da paz, da non violencia ou da igualdade de dereitos e oportunidades entre persoas. Rematamos a xornada cunha foliada xantando todos xuntos e facendo o noso propio banquete de Conxo.