🦖 Unha inusual aparición deu vida nas aulas de 5° de infantil.
 
Na nosa escola apareceu unha mensaxe xunto a un ovo en extrañas condicións. Nicolás, un famoso paleóntologo, pedíanos unha importante misión. Coidar o seu ben máis preciado.
 
Despóis de moitos experimentos, conseguira revivir un fósil de dinosaurio e, ante o posible nerviosismo da sociedade por mor desta noticia, encargábanos o seu coidado posto que escoitara rumores de que os alumnos de Santa María do Mar tiñan unha especial sensibilidade para coidar a natureza.
 
A petición non remataba ahí, tamén invitábanos a investigar sobre a vida dos dinosaurios e así convertirse en verdadeiros paleontólogos.
 

👨🏻‍🏫 Ante semexante acontecemento e motivación, os mestres non poideron facer outra cousa máis que preparar e levar a cabo un proxecto no que os alumnos se formaron e aprenderon para poder dar resposta a petición do experto.