O imperio romano invadiu as aulas de 5º de infantil. Os peixes, pandas, pingüíns e esquíos realizaron un proxecto sobre unha das civilizacións máis importantes da historia.

Coñeceron os números romanos, fixeron mosaicos, xogos de memoria con ánforas, aprenderon vocabulario da época e un sinfín de actividades que realizaron nos recunchis afondando na temática e recabando información. Ademáis, levaron a cabo actividades de xogo simbólico con traxes típicos da época e interpretando a sociedad de clases e as súas costumes. 

Incluíron nas súas aprendizaxes unha saída cultural pola cidade da Coruña descubrindo os restos romanos da nosa contorna.

Doutra banda, os alumnos de 6º de infantil coñeceron todas as curiosidades do Antigo Exipto. Profundizaron na civilización orixinada a beiras do río Nilo tentando responder as súas inquietudes a cerca dos faraóns, da escritura, as pirámides, as momias… Poideron coñecer os xeroglíficos, elaboraron o seus propios papiros, aprenderon a facer trocos de alimentos e mercadorías, fixeron a súas propias pirámides, etc.

Vendo a motivación que demostraron realizando estes proxectos estamos seguros de que foron aprendizaxes moi significativas para eles.

Como broche final, elaboraron eles mesmos os seus disfraces de romanos e exipcios para a festa do entroido que realizamos o pasado venres.