Por ser superior o número de solicitudes ao número de prazas ofertadas polo colexio, os solicitantes de praza, que non o fixeran no momento da presentación da solicitude, para o curso 2023-2024 deben presentar a documentación acreditativa dos puntos nos seguintes cursos:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
  • 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Admitidos:

  • Os solicitantes de 1º de ESO están todos admitidos.
  • Os solicitantes de praza para 1º y 2º de Bacharelato están pendentes de confirmación e notificaráselles a mesma antes do 1 de maio.

A documentación acreditativa ten que ser entregada na Secretaría do colexio, no horario habitual de atención ao público (de 09:30 a 13:30 horas), entre os días 22 de marzo ao 12 de abril (os días 3, 4, 5 e 10 de abril, Semana Santa, o Colexio permanecerá pechado). É necesario traer o resgardo da solicitude.

Dende o mércores 22 de marzo, estarán publicadas, no taboleiro de Secretaría, as listaxes de solicitudes a baremar e números aleatorios que lle corresponden.