Esta semana fíxose a entrega de premios do III Concurso das Letras Galegas: «Tender Pontes». O autor homenaxeado este curso, Francisco Fernández del Riego, foi un intelectual que ademais da importancia da súa extensa obra, soubo ser o elo entre a colectividade galega e a exiliada. O xurado agradece a participación e parabeniza aos gañadores desta edición pola calidade dos traballos presentados.
1ºPOSTO: Polo relato titulado «A guerra da galaxia», de Ana Bennedetti (1ºBACH)
2º POSTO: Polo poema titulado «Tender pontes» de Ana Rivas (1ºESO)
3º POSTO: Polo cartaz conmemorativo de Francisco Fernández del Riego, de Diego Alfonso Durán (3ºESO)
4ºPOSTO: Polo traballo audiovisual sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, de Chloé Robledo e Teresa Puga (5ºEP)