O día 20 de xuño, un grupo de alumnos de 1ºESO participou na I Festa da Lingua organizada por Escolas Católicas. O certame que reuniu a varios colexios da Coruña, contou cun roteiro polos principais monumentos a escritores e escritoras galegos que se agochan nos xardíns da cidade, realizáronse ofrendas, lecturas… e remataron con moita música nun obradoiro de regueifa á man da recoñecida Lupe Blanco.