Os alumnos e alumnas de 6º de Infantil visitamos o centro da Coruña como actividade dentro do proxecto no que estamos a traballar: “A nosa cidade”.

Percorremos lugares emblemáticos, realizamos unha pequena andaina polos Cantóns e a Cidade Vella, estivemos na praza de María Pita recordando a súa historia e rematamos na Torre de Hércules. A choiva non nos permitiu xantar no Monte de San Pedro como tiñamos previsto, pero fixemos un picnic no cole.

Que fermosa é a nosa cidade!