Celebramos un ano máis o Samaín cos máis pequenos coa idea de achegarnos as tradicións da cultura galega e coñecer en profundidade a festa e a implicación na nosa contorna.

Aproveitamos o espazo da biblioteca infantil que se convertiu por sorpresa nun castelo «tenebroso» decorado co material elaborado polos propios alumnos e no que dramatizamos contos relacionados coa temática.

Agradecer aos alumnos de madrugadores por facer tamén gran parte do decorado!