Admisións 2020/21
NOVO CALENDARIO |
|
Do 11 ao 18 de maio | Presentación de solicitudes. |
Do 20 ao 26 de maio | Presentación de documentación acreditativa dos puntos. |
O 8 de xuño (a partir das 18:00 horas) | Publicación de listaxes con carácter provisional. |
Do 9 ao 11 de xuño | Presentación de reclamacións no centro. |
O 25 de xuño (a partir das 18:00 horas) | Publicación de listaxes definitivas. |
Do 1 ao 10 de xullo | Formalización da matrícula para Ed. Infantil e Ed. Primaria. |
Do 1 ao 10 de xullo | Formalización da matrícula para E.S.O. e Bacharelato. |
Do 1 ao 10 de setembro | Formalización da matrícula para E.S.O. e Bacharelato (Prazo extraordinario). |
OFERTA DE PRAZAS |
|
4º Ed. Infantil – 3 anos | 88 prazas + 12, reservadas, se fora necesario, para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acreditadas polas autoridades educativas |
2º Ed. Primaria | 1 praza |
1º E.S.O. | 12 prazas, reservadas, se fora necesario, para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acreditadas polas autoridades educativas |
2º E.S.O. | 1 praza |
3º e 4º E.S.O. | Non se convocan prazas * Non se considerarán como vacantes as prazas escolares non ocupadas polo alumnado ao que se adxudicaron, cando os proxenitores deberon desprazarse transitoriamente fóra do concello durante o curso, por motivos laborais debidamente acreditados mediante un certificado expedido pola correspondente administración pública ou empresa, e sexa previsible que o alumnado se reincorpore á praza antes de que remate o mesmo curso. Igual criterio se aplicará cando o alumnado realice o curso no estranxeiro. |
1º e 2º Bacharelato | Prazas dispoñibles |
NOTA INFORMATIVA
- De conformidade co artigo 14.2 da Orde do 12 de marzo de 2013, a solicitude será única e terá carácter vinculante. Polo tanto, cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta instrucción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- Sen prexuizo da garantía de permanencia no Centro de Orixe, nais, pais ou representantes legais do alumnado, poden presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos. Nestes casos deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.
- O alumnado que ten reservada praza nun Centro Educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- As actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios teñen carácter voluntario e non lucrativo. As actividades escolares complementarias son unha parte fundamental das nosas finalidades educativas.
- Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitacióndas súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
- A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente».
- O Colexio Santa María del Mar está adscrito ao Instituto Monte das Moas.
ACTIVIDADES E SERVICIOS COMPLEMENTARIOS
O proxecto educativo de Santa María do Mar inclúe as seguintes actividades e servizos complementarios:
- Comedor.
- Transporte escolar.
- Actividades paraescolares (deportivas e culturais).
- Servizo de «Madrugadores».
- Gabinete sanitario.
- Actividades complementarias (English for Cambridge, Formación Humano Cristiá, Obradoiros de Matemáticas, de Xogos Literarios, de Xogos Científicos, de Xogos Dramáticos, Psicomotricidade…)
As actividades e servizos complementarios están regulados pola normativa recollida no Decreto 444/1996 do 13 de decembro de 1996 que regula as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros privados en réxime de concerto.
CRITERIO COMPLEMENTARIO APROBADO POLO CENTRO
Fillas e fillos de antigos alumnos de centros educativos de titularidade da Compañía de Xesús que cursasen Educación Primaria, Secundaria ou Ciclos Formativos.
Acreditación do criterio: dito criterio acreditarase mediante un certificado emitido polo centro onde estudou e que debe recoller os estudos realizados e os cursos nos que estivo matriculado. O certificado debe ser orixinal (non se admitirán fotocopias) e ha de estar selado, datado e asinado.
DOCUMENTOS DE INTERESE
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG).
MÁIS INFORMACIÓN
- No propio Colexio.
- Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Na Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
DIRECCIÓN: Rúa Vicente Ferrer 2 (Edif. Adm. Xunta), 1º, 3º e 9º. 15008 A Coruña. - Web da Consellería de Educación.
A información irase actualizando nesta páxina.